Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Legalización do libro de visitas PDF Imprimir Correo-e

          As empresas, teñan ou non traballadores por conta allea, están obrigadas a ter en cada centro de traballo o modelo oficial do Libro de Visitas a disposición dos funcionarios do Corpo Nacional de Inspección de Traballo. Cada un dos libros de visitas deberá ser dilixenciado na primeira folla polo Xefe da Inspección Provincial de Traballo, que certificará a habilitación do libro, recolléndose ademais datos da empresa. Así mesmo, o libro será selado en todos os seus folios.

          As dilixencias que practiquen os inspectores de Traballo do resultado das visitas realizadas estenderanse simultaneamente por duplicado, quedando a copia en poder do inspector para a súa constancia e arquivo nas oficinas da Inspección Provincial de Traballo que correspondan.

          Os empresarios conservarán os libros de visitas a disposición da Inspección de Traballo durante un prazo mínimo de cinco anos a partir da data da última dilixencia, unha vez esgotado o mesmo. A carencia do libro de visitas, a súa non presentación aos funcionarios do corpo ou a non conservación deste durante o prazo sinalado será considerada como infracción.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.