Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Licenza de obra PDF Imprimir Correo-e

    A licenza de obra debe solicitarse en caso de efectuar calquera tipo de obras nun local, nave ou establecemento. A súa expedición é competencia do Concello, polo que a súa tramitación e a documentación precisa poden variar en función das ordenanzas específicas de cada municipio.

    Débense diferenciar dous procedementos: as obras menores e as maiores. O primeiro refírese á reforma de locais que non afecte a elementos estruturais. Con carácter xeral, a documentación que debe presentarse inclúe: o impreso correspondente que proporciona o Concello, memoria descritiva das obras e presuposto, plano de localización do inmoble e licenza de actividade.

    As obras maiores son as que incrementan o espazo edificado ou afectan a elementos estruturais. Neste caso a documentación a presentar é máis extensa. Polo xeral, pídese o proxecto técnico por duplicado con sinatura do técnico e aval do colexio correspondente, prego de aval de licenzas urbanísticas e de liquidación da taxa, o impreso de estatística de edificación e folla do nomeamento dos directores de obra. As obras poderán executarse ata seis meses despois da data de concesión da licenza.

 

 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.