|
Todos os acordos dos órganos colexiados das sociedades mercantís (Xunta Xeral e Consello de Administración) deben estar recollidos en actas que serán transcribidas a un libro. Trátase dun libro de follas numeradas, onde se recollerán as diferentes sesións dos órganos de goberno da empresa, e nas que se fará especial referencia aos acordos adoptados. A sociedade pode levar un só libro para todos os órganos colexiados ou un para cada un deles. En todo caso, o libro de actas pode estar composto por follas móbiles (para facilitar a súa impresión) e debe ser legalizado polo rexistrador mercantil antes da súa utilización. Non se pode legalizar un novo libro de actas ata que non se acredite que o anterior foi totalmente utilizado ou que foi subtraído. Tamén será necesario legalizar no rexistro mercantil o libro rexistro de socios. Nel farase constar a titularidad orixinaria e as sucesivas transmisións das participacións sociais da empresa. En cada anotación indicarase a identidade e domicilio do titular da participación ou do dereito ou gravame constituído sobre aquela.
|