Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio
Contratacións PDF Imprimir Correo-e

    O empresario está obrigado a rexistrar na Oficina de Emprego todos os contratos que vaia formalizar cos seus traballadores. Esta comunicación debe realizarse no prazo dos dez días seguintes á súa concertación.

    A documentación, que se ha de presentar na oficina de emprego, variará en función do tipo de contrato: indefinido, por tempo determinado, transformación, etc. Non obstante, existen algúns documentos que son comúns en todos os casos que o contrato se formaliza por escrito, como o propio contrato de traballo, a súa copia básica ou a fotocopia do DNI do traballador.

    Unha vez iniciada a prestación de servizos por parte do traballador, comeza a obriga de pagamento do salario pactado e de cotizar á Seguridade Social. A obriga de cotizar é do empresario e do traballador, sendo o primeiro o que debe reter o que corresponda ao traballador e ingresar as cantidades dentro do mes seguinte ao da remuneración. A cantidade a ingresar estará en función do soldo do traballador, á que se lle aplicará uns tipos de cotización determinados.




 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.