|
Afiliación e alta de traballadores |
|
|
|
|
Antes de que un traballador empece a prestar servizos para unha empresa, esta debe proceder a dar de alta o citado traballador na Seguridade Social. Ademais, se se trata da primeira vez que o traballador presta servizos nunha empresa, o empresario deberá realizar o trámite da súa afiliación. A afiliación é un trámite único, mediante o cal a Seguridade Social asigna a cada cidadán un número de identificación para toda a vida. Para proceder á súa solicitude, o empresario deberá presentar na Dirección Provincial da Tesouraría Xeneral da Seguridade Social, antes de que o traballador empece a traballar, o impreso de solicitude oficial TA.1, acompañado de fotocopia do DNI do traballador. No mesmo sitio deberá proceder a solicitar a alta (neste caso trátase dun trámite que hai que realizar cada vez que se empeza un novo traballo), presentando o modelo oficial TA.2, acompañado tamén do DNI do traballador.
|