|
O trámite da alta no Réxime de traballadores autónomos é obrigatorio para todos os profesionais por conta propia e para a grande maioría dos socios traballadores de sociedades civís e mercantís. O traballador autónomo está obrigado a cotizar dende o primeiro día do mes en que inicia a súa actividade e esta obriga subsiste mentres desenvolva a súa actividade. As cantidades a ingresar á Seguridade Social, chamadas cotas, calcúlanse aplicando unha porcentaxe sobre unha base de cotización. Esta base será elixida polo traballador e sempre estará situada entre un mínimo e un máximo fixado anualmente pola administración. Os documentos a presentar para solicitar a alta, na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e no prazo de 30 días naturais seguintes ao inicio da actividade son: documento de afiliación, parte de alta de asistencia sanitaria, parte de alta de cotización, fotocopia da alta no IAE, fotocopia do DNI se é empresario individual e contrato ou escritura e CIF se se trata dunha sociedade.
|