|
O Imposto de Actividades Económicas é un tributo de carácter local, que grava o exercicio de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, exérzanse ou non nun local determinado. A comunicación da alta é obrigatoria para todo tipo de empresa independentemente da forma xurídica adoptada (sociedade, empresario ou profesional) e presentaranse tantas altas como actividades se vaian exercer. Dende o 1 de xaneiro de 2003, as persoas físicas, as sociedades civís e sociedades mercantís (estas últimas se teñen un importe neto da cifra de negocios inferior a un millón de euros) atópanse exentas do pagamento deste imposto. Non obstante, segue sendo obrigatoria a comunicación da alta. O documento que se debe presentar é o modelo 036 de declaración censal, para as empresas exentas, e o modelo 840 para aquelas que non o están. O prazo de presentación é previo ao inicio efectivo da actividade e o lugar será a administración ou delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria que corresponda a onde se vaia exercer a actividade.
|