|
Declaración censal de alta |
|
|
|
|
As persoas ou entidades que realicen actividades empresariais ou profesionais deben comunicar a Axencia Tributaria, a través da declaración censal, o seu comezo. Enténdese por inicio de actividade non só a realización de entregas de bens e prestacións de servizos no ámbito dunha actividade empresarial ou profesional, senón tamén a adquisición de bens ou servizos coa intención, confirmada por elementos obxectivos, de destinalos á realización de actividades de natureza empresarial ou profesional. Este modelo de declaración censal permite ademais solicitar o CIF, tanto provisional como definitivo. Para iso, é preciso presentar o modelo 036, un impreso que se pode obter nas Administracións ou Delegacións da Axencia Tributaria ou a través da súa páxina web. A declaración censal comunicarase, ademais do inicio de actividade, unha completa descrición da situación tributaria do empresario profesional, incluíndo as declaracións-liquidacións que ten a obriga de presentar periodicamente (IVE, IRPF, Sociedades, etc) e a data de peche do exercicio social se a entidade está suxeita ao imposto de sociedades.
|