|
O Código de Identificación Fiscal, máis coñecido como CIF, é o sistema de identificación utilizado pola Axencia Tributaria para as persoas xurídicas ou entidades en xeral. A Axencia Tributaria considera o CIF como provisional mentres a sociedade non se inscriba no rexistro mercantil, momento no cal se lle concede a condición de CIF definitivo. Para que unha sociedade en proceso de constitución poida solicitar un CIF unicamente é necesario presentar nunha oficina da Axencia Tributaria copia dos DNI de todos os promotores e copia da escritura de constitución. No caso de que aínda non se escriturara a constitución da sociedade, os promotores poderán achegar no seu lugar, unha copia da certificación negativa de denominación social, un borrador de estatutos sociais e un acordo de vontades, asinado por todos os socios e no que se comprometan a constituír a sociedade. Tanto nun suposto coma no outro deberase cumprir o modelo de declaración censal 036. Este CIF provisional terá unha validez de seis meses.
|