Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio
Certificación negativa da denominación social PDF Imprimir Correo-e

        O primeiro trámite que ha de realizar un emprendedor que desexe constituír unha sociedade de responsabilidade limitada (SL, SA, SL, etc.) é solicitar ante o Rexistro Mercantil Central a certificación negativa de denominación social. Trátase dun documento que se achegará á escritura de constitución e que certifica que ningunha outra empresa opera con ese nome.

    Na actualidade é posible tramitar a solicitude, de xeito íntegro, na páxina www.rmc.es Antes de nada, recomendamos que o emprendedor comprobe a dispoñibilidade do nome que desexa utilizar na súa empresa. Para iso, nesa dirección web e na opción de consultas, atopará dúas opcións: unha para usuarios aboados e outra para o público en xeral de pagamento con tarxeta. Escollendo esta última, aparecerán tres espazos para consultar a dispoñibilidade doutras tantas denominacións. Unha vez escritos os tres nomes e realizado o pagamento de 1,74 euros mediante pasarela virtual, procederase a realizar a consulta, coñecendo así a dispoñibilidade deses tres nomes elixidos.

O paso seguinte será dirixirse, dentro da mesma páxina web, á opción solicitude de certificados. O formulario que se presenta deberá ser cumprido na súa totalidade, incluíndo por orde de preferencia as tres denominacións das que xa coñecemos a súa dispoñibilidade. En último lugar cumprirase a forma de recepción e pagamento da certificación, escollendo entre as diversas opcións que se ofrecen (mensaxería, contra reembolso, etc.). O custo deste servizo variará en función da opción escollida, pero nunca será superior a 30 euros.

O Rexistro Mercantil Central adxudicará un dos tres nomes solicitados e emitirá a certificación cunha validez de dous meses. Esta certificación pode ser renovada con posterioridade, por novos períodos de dous meses e ata un máximo de quince.

 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.