Advertisement
 

Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar





¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

 
Inicio arrow I+D+i
pI+D+I
SERVIZO DE ASESORAMENTO PERSONALIZADO
 
red pI+D+i 
 

Benvido ao Servizo de Información e Asesoramento Telemático da Rede de Puntos de Información sobre Actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (PI+D+i) 

 

 

 

 

 


Descrición xeral

Dende este espazo, as empresas e os emprendedores poderán dispoñer dun servizo de información e asesoramento personalizado sobre os instrumentos de financiamento que máis se axustan ás súas necesidades e proxectos, sempre en relación a actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Se ten un proxecto innovador poderá solicitar un asesoramento especializado sobre os esquemas de financiamento público que máis se adecúa ás súas necesidades.

         ->Envíenos a súa solicitude 

 
ENVIAR SOLICITUDE 
 
Instruccións para cubri-lo formulario de asesoramento 

Para facer uso deste servizo terá que encher un formulario electrónico e achegarnos a documentación que considere oportuna para valorar a súa iniciativa.

Nun prazo inferior a 10 días hábiles recibirá un informe dun experto asesor sobre o xeito máis apropiado para financiar a súa iniciativa cos instrumentos públicos de apoio á I+D+i.

O citado formulario está dividido en tres bloques de información:

  1. Datos de identificación do solicitante
  2. Descrición e clasificación da consulta
  3. Documentación (ficheiros) de apoio

No bloque 1, deberá cubrir unha serie de datos básicos para identificalo e poder enviarlle o resultado do servizo de asesoramento.

No bloque 2, deberá incluír unha breve descrición da consulta que realiza e clasificala segundo uns criterios preestablecidos.

No bloque 3, deberá achegar a información da súa iniciativa. Se o desexa poderá utilizar un documento modelo para organizar a información que quere enviarnos. Igualmente, poderá achegar toda a información que considere relevante (catálogos, planos, etc.). 

 




© 2008 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.