Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
SITE

Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial.

A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE) é un innovador servizo, liderado pola Fundación CEL-Iniciativas por Lugo e apoiado pola Obra Social de Caixa Galicia, a Consellería de Economía e Industria e a Confederación de Empresarios de Lugo, que nace coa pretensión de servir de escaparate para a presentación de modelos de negocio e tecnoloxía para as empresas.

A SITE nace coa vocación de propagar entre o tecido empresarial da nosa provincia unha cultura de innovación tecnolóxica que sexa adecuada ao desenvolvemento das actividades que se realizan. Asesora así a aquelas pemes e microempresas según a súa realidade empresarial e propón solucións reais e concretas axustadas a cada sector.

As dependencias da SITE  contan con espazos perfectamente equipados para dar cabida a conferencias, cursos de formación, reunións ou demostracións de equipos e sistemas.

As actividades da SITE desenvólvense segundo catro eixes fundamentais:

  • Xornadas informativas
  • Demostracións de proxectos empresariais
  • Formación para empresarios
  • Reunións de asociacións sectoriais


A SITE tamén conta cunha faceta virtual na páxina web site.fundacioncel.org, onde pode obterse información da actualidade, convocatorias de axudas e novas de interese relacionadas coas novas tecnoloxías. Asimesmo, poderase inscribir nas xornadas e cursos formativos e obter a documentación presentada nestos.

 
Filtro     Orde     Amosando  
Título
Reunión Calidade
 
<< Inicio < Anterior 1 Seguinte > Final >>
Resultados 1 - 1 de 1
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.