Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio arrow Novas tecnoloxías arrow Dinamización da Sociedade da Información
Dinamización da Sociedade da Información

 

Rede de Dinamización.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información xorde no ano 2006 con obxetivo fundamental de reducir a fenda dixital. Para iso, os dinamizadores e as dinamizadoras teñen como misión achegar as novas tecnoloxías a toda a xeografía galega.

Entre os seus obxectivos están:

  • Promover o uso das NTIC na poboación, facendo especial fincapé naqueles colectivos onde a fenda dixital sexa máis evidente.

  • Dinamizar as pemes e micropemes galegas, mostrándolles as vantaxes da Sociedade da Información para o desenvolvemento rural, empresarial, industrial e cultural de Galiza.

  • Utilizar eficientemente os recursos tecnolóxicos existentes, de modo que permitan o acceso da poboación en xeral á utilización das aulas dispoñibles, e acompañar e formar a cidadanía no achegamento á Sociedade da Información.

  • Crear e consolidar a figura de dinamizador/a da Sociedade da Información, que serán axentes que dirixirán a súa actuación con actividades e iniciativas ás persoas con menos capacidade de acceso á Sociedade da Información.

  • Rede de Dinamización da Sociedade da Información, é unha iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria,  enmarcada dentro do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria).



  • Redes Sociais  ( 1 Artigos )
  • SITE  ( 1 Artigos )

    Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial.

    A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE) é un innovador servizo, liderado pola Fundación CEL-Iniciativas por Lugo e apoiado pola Obra Social de Caixa Galicia, a Consellería de Economía e Industria e a Confederación de Empresarios de Lugo, que nace coa pretensión de servir de escaparate para a presentación de modelos de negocio e tecnoloxía para as empresas.

    A SITE nace coa vocación de propagar entre o tecido empresarial da nosa provincia unha cultura de innovación tecnolóxica que sexa adecuada ao desenvolvemento das actividades que se realizan. Asesora así a aquelas pemes e microempresas según a súa realidade empresarial e propón solucións reais e concretas axustadas a cada sector.

    As dependencias da SITE  contan con espazos perfectamente equipados para dar cabida a conferencias, cursos de formación, reunións ou demostracións de equipos e sistemas.

    As actividades da SITE desenvólvense segundo catro eixes fundamentais:

    • Xornadas informativas
    • Demostracións de proxectos empresariais
    • Formación para empresarios
    • Reunións de asociacións sectoriais


    A SITE tamén conta cunha faceta virtual na páxina web site.fundacioncel.org, onde pode obterse información da actualidade, convocatorias de axudas e novas de interese relacionadas coas novas tecnoloxías. Asimesmo, poderase inscribir nas xornadas e cursos formativos e obter a documentación presentada nestos.

     
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.