Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar





¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

 
Inicio arrow Emprendedores arrow A túa empresa en 48 h.
PAIT

A Fundación CEL mantén activo dende 2006 un servizo gratuíto de apoio a emprendedores: o Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT). Grazas a este servizo é posible crear unha empresa dun modo moi sinxelo, posto que mediante un procedemento telemático, o emprendedor só ten que ir presencialmente a un PAIT da Fundación CEL e á notaría, evitando desprazamentos para facer o resto dos trámites para constituír a súa sociedade (Sociedade Limitada ou Sociedade Limitada Nova Empresa) e sen necesidade de utilizar formularios en papel.

CIRCE           epractice.eu           Infórmese 

Na Fundación CEL asesoramos os emprendedores na xestación e definición do seu proxecto; iniciamos e completamos o trámite administrativo de creación e posta en marcha da sociedade a través do DUE, que se traslada telemáticamente a todos os organismos implicados (Axencia Tributaria, Xunta de Galicia, Rexistro Mercantil e Seguridade Social); e proporcionamos asistencia técnica e tutela nas primeiras etapas de actividade empresarial.
 

O persoal da Fundación CEL encárgase de cubrir os seus datos no Documento Único Electrónico (DUE), sendo o Sistema de Tramitación Telemática do Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (STT-CIRCE) o que realizará as seguintes xestións:

  • Reserva da Denominación Social (só SLNE)
  • Reserva de cita co notario
  • Solicitude do CIF provisional
  • Presentación da Declaración Censual de Inicio de Actividade
  • Liquidación do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP/AXD)
  • Inscrición no Rexistro Mercantil Provincial
  • Trámites coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social
  • Solicitude do CIF definitivo


    Agencia Española de Protección de Datos.

Opcionalmente, tamén se pode tramitar a inclusión de ficheiros de datos con información persoal na Axencia de Protección de Datos e a reserva de dominio de Internet. 

 

 
 Que é a Sociedade Limitada Nova Empresa

 




© 2008 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.