Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio arrow Premios arrow Premios á Actividade Empresarial
Premios a Actividade Empresarial


Este premio está dirixido a recoñecer a aposta pola mellora da xestión, a creación de emprego e a traxectoria de empresas asentadas na provincia de Lugo.

Nesta categoría convócanse dúas modalidades:


Premio á calidade, seguridade industrial e protección medioambiental:

Finalidade do premio: Incentivar a incorporación ás empresas de proxectos que supoñan un avance cualitativo no sistema de xestión da calidade ou dos seus procedementos, incluíndo procesos de normalización e certificación, así como a dotación de equipamento específico, de forma que se potencien a calidade e a seguridade de produtos e instalacións industriais e, no seu caso, a protección medioambiental.

Destinado a: Empresas industriais da provincia de Lugo.

Requisitos para concorrer:
-Incorporar á empresa proxectos ou procedementos que a distingan polo seu alto nivel de excelencia na calidade dos seus produtos.
-Que a incorporación de tales proxectos ou procedementos contribuíran á mellora da competitividade na empresa.

Contido do premio:
-Diploma de mérito.
-Estatua da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo.


    
   
 O prazo de presentación das candidaturas remata o 29 de Abril de 2011.




 

 

 


Premio ao compromiso social e á creación de emprego:


Finalidade do premio: O recoñecemento ao empresariado lucense cunha traxectoria empresarial distinguida, pola súa contribución ao crecemento responsable da economía e a unha mellora da sociedade en xeral.

Destinado a: Empresarios e empresarias lucenses, individuais ou colectivos, que desenvolvan a súa actividade na provincia de Lugo.

Contido do premio:
-Diploma de mérito.
-Estatua da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo.

    
   
 O prazo de presentación das candidaturas remata o 29 de Abril de 2011.




 




© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.