Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio arrow Premios arrow Premios á Iniciativa Empresarial
Premios á Iniciativa Empresarial


Teñen como obxectivo fomentar e recoñecer a creación de empresas e actividades de investigación que den lugar a innovacións tecnolóxicas, ou doutro tipo, aplicables ás empresas.

Dentro desta categoría convócanse catro modalidades:

Premio a proxectos de creación de empresa:


Finalidade do premio: Recoñecer e incentivar a posta en marcha de proxectos viables e innovadores de creación de empresas, polas súas características, sexan idóneas ou aconsellables para o seu desenvolvemento na provincia de Lugo.

Destinado a: Unha ou varias persoas que deseñen un proxecto de creación de empresa.

Requisitos para concorrer:
-Presentación dun proxecto empresarial viable por parte dun ou varios promotores cualificados.
-Que o proxecto vaia dirixido á creación dunha empresa na provincia de Lugo.
-Que o proxecto se encontre na fase de xestación, ou na fase de posta en marcha (constitución ou inicio de actividade comprendida entre a data de peche da anterior convocatoria -29 de xaneiro de 2010- e a data de peche da presente convocatoria).

Contido do premio:
-Diploma de mérito e estatua da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo.
-Premio de 3.000 €.
-Acceso a financiamento, en condicións preferentes, ofrecido pola entidade patrocinadora e supeditado á aprobación polos órganos competentes desta, trala oportuna análise do seu departamento de riscos.
-Apoio á posta en marcha do proxecto a través de incorporación gratuíta (Cota de servizos básicos) ao Programa Viveiro de Empresas da Fundación, durante o ano seguinte á concesión do premio.

    
   
    
   
 O prazo de presentación das candidaturas remata o 29 de Abril de 2011.



 

 

 

 

 

 


Premio a proxectos universitarios de creación de empresa:


Finalidade do premio: Fomentar nos mozos e mozas universitarios/as a conciencia e vocación empresarial, ao recoñecer, recompensar e incentivar a posta en marcha de proxectos empresariais viables.

Destinado a: Mozos/as universitarios/as (un/unha ou varios/as) estudantes do terceiro ciclo, doutorandos/as, tesinandos/as do Campus de Lugo, dos centros asociados da UNED na provincia de Lugo, ou de calquera outro campus se a titulación non se imparte en Lugo, titulados nos últimos 5 anos, ou que estean nos dous últimos cursos dunha licenciatura ou diplomatura.
Polo menos un dos compoñentes do grupo de traballo ha de reunir os requisitos mencionados.


Requisitos para concorrer:
-Presentación dun proxecto empresarial viable por parte dun ou varios promotores cualificados.
-Que o proxecto vaia dirixido á creación dunha empresa na provincia de Lugo.
-Que o proxecto se encontre na fase de xestación, ou na fase de posta en marcha (constitución ou inicio de actividade comprendida entre a data de peche da anterior convocatoria -29 de xaneiro de 2010 a data de peche da presente convocatoria).

Contido do premio:
-Diploma de mérito e estatua da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo.
-Premio de 3.000 €.
-Acceso a financiamento, en condicións preferentes, ofrecido pola entidade patrocinadora e supeditado á aprobación polos órganos competentes desta, trala oportuna análise do seu departamento de riscos.
-Apoio á posta en marcha do proxecto a través de incorporación gratuíta (cota de servizos básicos) ao Programa Viveiro de Empresas da Fundación, durante o ano seguinte á concesión do premio.


    
   
    
   
 O prazo de presentación das candidaturas remata o 29 de Abril de 2011.


 

 

 

 

 


 

(NOVIDADE) Premio a proxectos de Creación de Empresas por Alumnos de Formación Profesional:


Finalidade do premio: Apoiar, fomentar e estimular o conxunto de actitudes emprendedoras dos alumnos dos centros de Formación Profesional da provincia de Lugo, e favorecer a posta en marcha de proxectos emprendedores viables e innovadores en consonancia co establecido no eixe estratéxico 4º do Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia da Xunta de Galicia.

Destinado a: Grupos de alumnos (mínimo 2, máximo 5) que cursen estudos en centros educativos de titularidade pública ou privada da  provincia de Lugo nos que se impartan ciclos formativos de grao  medio ou de grao superior , mediante a presentación de proxectos de creación de empresa realizados polos devanditos alumnos e dirixidos por un docente do centro.

Requisitos para concorrer:
-Presentación dun proxecto empresarial viable elaborado por varios alumnos dirixidos por un docente.
-Que o proxecto vaia dirixido á creación de empresas na provincia de Lugo.
-Que o proxecto se atope en fase de xestación ou en fase de posta en marcha (constitución ou inicio da actividade comprendido entre a data de peche da anterior convocatoria -29 de xaneiro de 2010- e a data de peche da presente convocatoria).

Contido do premio:
-Para os promotores do proxecto.
-Diploma de Mérito.
-Estatua da Fundación CEL.
-Premio de 3.000 euros.
-Acceso a financiamento en condicións preferenciais ofrecido pola entidade patrocinadora, supeditada á aprobación polos seus órganos competentes, tras a oportuna análise do seu departamento de riscos.
-Apoio á posta en marcha do proxecto a través da incorporación gratuíta (cota de servizos básicos) ao programa Viveiro de empresas da Fundación durante un ano.
-Para o docente.
-Diploma de Mérito.
-Pc portátil.

    
   
    
   
 O prazo de presentación das candidaturas remata o 29 de Abril de 2011.












 

 

Premio a proxectos de investigación e innovación aplicada á empresa:

Finalidade do premio: Incentivar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación aplicables á empresa, como elementos fundamentais para a creación e o mantemento dunha vantaxe competitiva para as empresas, que lles posibilite unha mellor posición no mercado.

Destinado a: Unha ou varias persoas, departamentos universitarios ou departamentos de I+D+i de empresas, que realicen un proxecto de investigación e innovación aplicada á empresa.

Requisitos para concorrer:
-Presentación dun proxecto de investigación e innovación aplicable á empresa.
-Que o proxecto verse sobre materias aplicables a empresas da provincia de Lugo.

Contido do premio:
-Diploma de mérito e estatua da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo.
-Premio de 3.000 €.
-Acceso a financiamento, en condicións preferentes, ofrecido pola entidade patrocinadora e supeditado á aprobación polos órganos competentes desta, trala oportuna análise do seu departamento de riscos. 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    
 
 
 O prazo de presentación das candidaturas remata o 29 de Abril de 2011.

 


 

 




© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.