Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio arrow Quen somos arrow Ser membro
Ser membro

Ser membro da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo supón adoptar un firme compromiso co progreso da provincia. Na Fundación CEL cremos que a única forma posible de desenvolvemento empresarial é a que se fai dende a responsabilidade coa sociedade na que se vive.

Avogamos por un desenvolvemento xusto e sostible co ámbito. Cremos que a experiencia das empresas consolidadas debe poñerse a disposición dos mozos que están empezando a facer realidade os seus proxectos.

Se desexas participar nun proxecto de futuro, axudando aos emprendedores a dar os seus primeiros pasos e colaborando con distintas institucións para promover un crecemento responsable na provincia de Lugo, únete a nós.

Para formar parte da Fundación CEL debes completar un formulario de solicitude que podes atopar aquí (solicitude alta, solicitude alta membro júnior) e remitilo á sede social da Fundación, situada na Praza de Santo Domingo 6-8, 2º, 27001, Lugo.

Unha vez recibida a túa solicitude, someterase á aceptación do Padroado.

Para converterse en membro adherido, a petición deberá ser ratificada pola maioría absoluta dos seus membros.

Tódalas empresas que iniciaran a súa andaina nos viveiros da Fundación ou que fosen asesoradas por esta entidade poden acollerse á cota júnior. Desta forma, poden integrarse na Fundación aboando, durante os cinco primeiros anos, só a metade da cota ordinaria.




© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.