|
Os obxectivos marcados nos estatutos da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo pódense resumir nos seguintes puntos: Mellorar as oportunidades dispoñibles para a creación de novas empresas, apostar polos emprendedores ao apoiar a creación de empresas viables na provincia de Lugo e ofrecer asesoramento, procura de investidores e de financiamento, prestación de servizos integrados e canalización de axudas de diversas administracións.
Analizar en profundidade as prioridades de actuación da Fundación no ámbito socioeconómico da provincia de Lugo mediante a elaboración dun estudo diagnóstico. Este estudo deberá estar orientado a obter unha visión de conxunto da situación actual e futura do sistema socioeconómico de Lugo, para que posteriormente se poida utilizar como documento base para promover proxectos nas zonas e ámbitos concretos.
Favorecer un modelo de desenvolvemento empresarial que mellore a achega das empresas existentes no que se refire a investimentos, emprego e creación de valor.
Procurar e formalizar un convenio de colaboración co campus universitario lucense como ente implicado na potenciación económica, social e cultural de Lugo.
Dinamizar o tecido empresarial para orientalo así cara á mellora dos factores de competitividade, eficiencia e rendibilidade.
Favorecer a creación de postos de traballo, feito que implica a creación de empresas e a súa proxección futura sobre o tecido socioeconómico.
|
|
|
|