Advertisement
 

Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar





¿Recuperar contrasinal?
¿Quere rexistrarse? Rexístrese aquí

 
Inicio arrow Quen somos
Presentación

A Fundación CEL-Iniciativas por Lugo é unha entidade sen ánimo de lucroESTATUA PREMIOS FUNDACIÓN CEL creada no ano 1997 no seo da Confederación de Empresarios de Lugo. O seu obxectivo fundamental é o fomento do espírito emprendedor na provincia, avalando proxectos empresariais dende os seus inicios ata a súa consolidación e facilitando o seu labor aos mozos emprendedores nos seus primeiros pasos.

Dende o mesmo ano do seu nacemento, a Fundación CEL concede anualmente uns galardóns destinados a promover a posta en marcha de novos proxectos emprendedores, distinguir o labor de empresas asentadas e incentivar a promoción exterior da provincia. Trátase dunha cita xa plenamente consolidada e entre os premiados atópanse empresas punteiras da provincia.

Fundación CEL - Iniciativas por Lugo Un dos programas máis destacados e lonxevos da Fundación CEL é o viveiro de empresas, mediante o que se lles proporciona aos emprendedores un espazo físico con todo o preciso para arrancar os seus negocios, así como servizos de asesoramento especializados en creación de empresas.

Por outra banda, co propósito de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías e de fomentar a súa aplicación, a Fundación conta coa Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE), creada no ano 2005.

Todo este labor realízase dende a iniciativa privada, contando con axuda de empresas e entidades financeiras que desinteresadamente dotan de fondos esta aposta de futuro. Tamén dispón do apoio que lle prestan diferentes organismos públicos, en especial, a Consellería de Traballo e a Consellería de Innovación e Industria, que exerce o protectorado sobre a Fundación.




© 2008 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.