Este manual, dividido en cinco libros, preséntase coma unha guía de consulta e apoio cunha vocación eminentemente práctica.
En primeiro lugar, a colección incorpora o manual “La planificación comercial en las PYME”, no que se pretenden delimitar os principais instrumentos comerciais cos que conta a empresa para poder utilizalos na xestión dos seus negocios, como por exemplo a elaboración dun plan de mercadotecnia ou establecemento de obxectivos comerciais. En segundo lugar inclúese na colección o manual “Dirección de las PYME”, no que se trata de explicar como se dirixe unha peme, mellorando a formación dos seus responsables e tendo en conta o papel deste sector como elemento de desenvolvemento empresarial e de articulación entre crecemento e emprego. En terceiro lugar a colección contén o manual relativo a “La financiación de las PYME”, que trata da busca de instrumentos de financiamento que faciliten o acceso da peme aos recursos financeiros necesarios para o desenvolvemento dos seus proxectos de investimento.
En cuarto lugar atópase a colección “Formas jurídicas y trámites de creación de empresas”, xa que, unha vez analizadas a actividade económica e financeira do proxecto empresarial e a súa viabilidade, é necesario que o promotor (ou promotores) elixa a forma xurídica na que se levará a cabo a dita actividade.
En derradeiro lugar inclúese o manual relativo aos “Aspectos fiscales y laborales”, no que se pretenden reflectir, dende un punto de vista práctico, as cuestións máis importantes do marco legal ao que a empresa terá que axustar a súa actuación.
É un traballo editado pola Xunta de Galicia e a Consellería de Traballo e coordinado por D. Guillermo Sánchez Vilariño e D. José Manuel Barreiro Fernández. | | |
|
|
|
|