Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Novas


  A Fundación CEL asina un convenio coa USC para ofrecer prácticas 

 
 



Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

     Os alumnos do recentemente implantado Máster Oficial en Dirección de Empresas do campus de Lugo (MBA) poderán realizar as prácticas titorizadas correspondentes na Fundación CEL, gracias a un convenio firmado o 20 de abril entre o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló Casasús, no nome do reitor da USC, mailo presidente executivo da nosa entidade, Luis García Santalla. Coa sinatura deste convenio, a Fundación CEL materializa o seu interese en colaborar no sistema de formación do estudantado da USC.

 
 

 Rodolfo Ojea participou no debate de El Progreso sobre fomento industrial

 
 


Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

     O coordinador da Fundación CEL, Rodolfo Ojea, levou o papel dos emprendedores ao foro sobre a industria lucense que organizou o xornal El Progreso e ao que tamén estaban convidados o vicepresidente da Cámara de Comercio, Eduardo Núñez Torrón; un dos promotores do plan Impulsa Lugo, Severino Fernández; e o profesor de Economía Aplicada da facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, Francisco Ferreiro. Ojea resaltou os viveiros de empresas como fórmula de divulgación da cultura emprendedora e deu como exemplo os resultados do viveiro da Fundación, que permitiu crear preto de sesenta empresas, cun investimento conxunto de dezaoito millóns de euros e máis de catrocentos empregos xerados.  

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.