| | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 21 de Novembro de 2008 | | | | | | Queres darte de alta no boletín de novas tecnoloxías empresariais do SITE? | | |
| |
1-Plan de formación para o emprego 2008-2009 da CEL | A Confederación de Empresarios de Lugo presentou a súa oferta formativa, deseñada para satisfacer a crecente demanda de formación especializada para os traballadores en activo pertencentes aos distintos sectores que conforman o tecido produtivo provincial. Poderán apuntarse tamén os desempregados inscritos como tal no servizo público de emprego, cun límite máximo do 25% dos participantes do Plan. Os cursos programados son de carácter gratuíto e hainos nas modalidades presencial, teleformación e mixta. Cada alumno poderá realizar ata un total de 270 horas por convocatoria. Os interesados poden obter máis información na web da CEL (www.celugo.es) ou chamando ao 902 300982. | | Consultar o listado de cursos | | | 2-Melloras para as pemes a cargo do Concello | O Concello de Lugo acaba de pór en marcha o Plan de Mellora da Competitividade das Pemes, que está estruturado en catro liñas de actuación: a dinamización tecnolóxica, a xestión financeira, a innovación empresarial e a contratación de persoas con discapacidades. O investimento municipal destinado a estos programas e incentivos é de 60.000 euros. O acceso ao Plan é libre e gratuíto para todas as empresas que o soliciten. O prazo de inscrición remata o 31 de decembro deste ano. | | Consultar nova | | | 3-Modelos de formularios para as axudas do Igape | As solicitudes das últimas liñas de financiamento do Igape para as pequenas e medianas empresas deben cubrirse utilizando os formularios cuxos modelos incluímos a continuación. | | Modelo 1 // Modelo 2 // Modelo 3 // Modelo 4 | | | 4-LOPD dende o punto de vista empresarial | O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia acollerá o vindeiro martes 25 de novembro, ao longo da mañá, unha xornada organizada por Agestic dedicada ao estudo dos procedementos básicos que teñen que aplicar as pemes para garantir o cumprimento da Lei Oficial de Protección de Datos (LOPD), co fin de evitar as posibles responsabilidades e sancións derivadas dunha mala xestión dos datos privados. | | Ver PDF // Ficha de inscrición |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |