Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-10-31 10:10:20
Boletín de Novas do 31/10/08

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
31 de Outubro de 2008
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnoloxías empresariais do SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-Inaugurado o Centro Galego de Iniciativas Empresariais Innovadoras Femininas (INFEIN)

     Con sede en Vigo, o INFEIN nace dentro do Programa Galego de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia para complementar as diferentes liñas de apoio ao emprendemento feminino e de reforzamento da estrutura de recursos humanos e persoal investigador no sistema de I+D+i. No novo centro, aberto oficialmente dende o pasado 16 de outubro, asesorarase e apoiarase ás emprendedoras e ás empresarias galegas para a identificación, o seguimento e a implantación de proxectos e ideas de negocio que inclúan a innovación como vantaxe competitiva.

Consultar nova 
 

2-Misión Empresarial Galega a Cuba

     A Consellería de Economía e Facenda, a través do Igape, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago e a Confederación de Empresarios de Galicia, convoca a Misión Empresarial a Cuba, que vai ter lugar entre o 1 e o 5 de decembro. Esta iniciativa dálle continuidade á viaxe institucional realizada en decembro de 2007 polo presidente da Xunta de Galicia a Cuba, acompañado por unha delegación de empresarios galegos, e á Misión inversa a Galicia. O prazo de recepción de solicitudes remata o 10 de novembro.

Consultar nova
 

3-O calendario laboral de 2009 para a provincia de Lugo

     O Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) nº 248, con data do 27 de outubro, recolle o calendario laboral de 2009 coa relación de todos os días festivos locais.

Consultar web
 

4-Saber dirixir recursos humanos 

     A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, a Fundación Campus Universitario de Lugo e a Escola Galega de Formación organizan a cuarta edición do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos. Ten unha duración de 700 horas, carácter semipresencial e unha vocación práctica. Os cinco módulos nos que está estruturado atinxen a organización empresarial, o factor humano na organización, a xestión de recursos humanos, a comunicación empresarial e os riscos e conflitos psicosociais. Os interesados poderán efectuar a solicitude e mais a matrícula do 3 de novembro ao 19 de decembro. 

Ver PDF
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.