Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-10-17 16:03:59
Boletín de Novas do 17/10/08

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
17 de Outubro de 2008
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnoloxías empresariais do SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-Subvencións da Consellería de Industria

     O 14 de novembro remata o prazo de solicitude das subvencións da Consellería de Innovación e Industria para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación. As bases polas que se rexerá a concesión destas axudas publicáronse no DOG Nº187, do 26 de setembro.

Ver PDF 
 

2-Partidas ministeriais para o rural galego

     A ministra de Pesca, Agricultura e Alimentación, Elena Espinosa, anunciou que o seu departamento vai repartir preto de 160 millóns de euros para proxectos das comunidades autónomas, dos cales unha partida de 23 millóns vai destinada a programas agrarios e de desenvolvemento rural de Galicia. Esta cuantía abranguerá a promoción e diversificación no medio rural, medidas medioambientais, o impulso das novas tecnoloxías na produción agrícola ou o fomento da produción agroalimentaria e de calidade de orixe animal, entre outras accións.

Consultar nova
 

3-Celebración do Foro da Innovación en Lugo

     O 4 de novembro chega a Lugo o Foro da Innovación, un evento que vén organizando en distintas cidades españolas o Consejo Superior de Cámaras de Comercio e que aquí conta coa colaboración do Consello Galego de Cámaras e da Cámara de Lugo e co apoio da Consellería de Innovación e Industria. O seu obxecto é promover a adopción dunha cultura innovadora nas pemes galegas, para as que se programaron un relatorio sobre casos exitosos de empresas innovadoras e unha feira da innovación. A cita é no auditorio da Facultade de Veterinaria, das 9:30 ás 14:00 horas.

Ver PDF
 

4-O Nobel de Economía para Paul Krugman

     A Real Academia Sueca das Ciencias outorgoulle o Premio Nobel de Economía de 2008 a Paul Krugman (Nova York, 1953), profesor de Economía e Asuntos Internacionais na Universidade de Princeton, cofundador da nova teoría do comercio internacional e coñecido crítico do neoliberalismo económico.

Consultar nova
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.