Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-09-26 14:30:32
Boletín de Novas do 26/09/08

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
26 de Setembro de 2008
 
 
 

¿Queres darte de alta no boletín de novas tecnoloxías empresariais do SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-Únete ao proxecto Saeómercado

     A Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo, en colaboración con BIC Galicia, organiza a segunda edición do proxecto Saeómercado de apoio ao emprendedor. O obxectivo deste programa formativo, de carácter gratuíto, é acompañar as novas empresas na súa saída ao mercado, asesorando aos empresarios na definición da estratexia de negocio. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo xoves 2 de outubro.

Consultar nova 
 

2-Promoción da igualdade laboral

     A Consellería de Traballo vai destinar 450.000 euros á implantación de plans de igualdade nas pequenas e medianas empresas de Galicia mediante a concesión de subvencións para a realización de estudos da realidade da peme e o financiamento de ata o 75% do custo da asistencia a accións formativas dirixidas ao desenvolvemento dos devanditos plans. Con estas axudas tamén se pretende erradicar a infrarrepresentación feminina no ámbito laboral e fomentar os plans de programación do tempo na cidade. A recepción de solicitudes manterase aberta ata o 15 de outubro.

Ver PDF
 

3-150 millóns máis para as pemes

     O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, vén de anunciar tres novas liñas de financiamento para as pemes galegas, posibles gracias ao convenio pechado coas entidades de crédito e as sociedades de garantía recíproca. O importe estimado ascende a 150 millóns de euros, ampliables, cos que se abranguerán o financiamento de circulante, o refinanciamento de pasivos e as ampliacións de capital.

Consultar nova
 

4-Comercio e hostalería no Plan Urban de Lugo

     O Plan Urban do Concello de Lugo recolle unha partida de 1.500.000 de euros para subvencionar aos establecementos comerciais e hostaleiros do centro histórico e da Rolda da Muralla. Contémplanse axudas tanto para a creación de novos negocios coma para a mellora e a modernización dos xa existentes. Está previsto que se poidan levar á práctica a comezos do 2009.

Consultar nova 
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.