Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-09-19 12:24:38
Boletín de Novas do 19/09/08

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
19 de Setembro de 2008
 
 
 

 

 
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-Axudas do Instituto Enerxético de Galicia

      A Consellería de Innovación e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia, abriu o prazo de presentación das solicitudes ás subvencións para os proxectos de aforro e eficiencia enerxética e para os proxectos de enerxías renovables, convocadas ao abeiro dos convenios subscritos co IDAE en xullo do 2008. As bases reguladoras saíron publicadas no DOG Nº 173, do 8 de setembro.

Ver PDF 
 

2-Optimización do tempo na empresa

     Feuga organiza en Santiago de Compostela o seminario “Cómo gestionar nuestro tiempo de manera efectiva”, en resposta á desvantaxe competitiva que lle causa ao empresario unha mala elección de prioridades ante a axenda profesional. Así, proporcionaranse ferramentas prácticas e de aplicación inmediata para optimizar a xestión do tempo e gañar eficacia no traballo. Esta acción formativa terá lugar na sede de Feuga, no campus sur, os días 29 e 30 de setembro, das 9:30 ás 14:30 horas. O prazo de inscrición manterase aberto ata o vindeiro xoves 25 de setembro.

Ver PDF
 

3-Ser xestor da innovación

     O 6 de outubro comeza na capital compostelá o curso “Gestor de la innovación”, no que se abordarán en profundidade os conceptos e as utilidades das técnicas de xestión da innovación no proceso empresarial. A súa duración é de 120 horas lectivas. Esta actividade enmárcase na oferta de formación a distancia de Feuga. Pódese pedir máis información ou realizar as inscricións por teléfono (912 108120/912 108121), por fax (915 765258) ou por email (for@aec.es).

Ver PDF 
 

4-XIII Congreso Nacional de Jóvenes Empresarios

     Os empresarios novos teñen unha cita a principios de outubro na Coruña con motivo da celebración do décimo terceiro Congreso Nacional impulsado pola Confederación Española de Asociaciones de Jóvenes Empresarios, nesta ocasión coa colaboración da Asociación Marineda de Jóvenes Empresarios. O programa consta de sesións plenarias e de mesas redondas temáticas a cargo de relatores de recoñecido prestixio, así como dun encontro comercial, actos aos que este ano se suman, como novidade, a montaxe da AJE Exposición Comercial e o desenvolvemento dunha xornada de mentoring.   

Consultar Web
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.