 | | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 05 de Setembro de 2008 | | | | | | | | |
| |
1-Titorías para emprendedoras | O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller anunciou a convocatoria pública para a selección de dez empresas que poderán participar no programa de asesoramento e acompañamento individualizado que se vai desenvolver dentro do Plan Emega de apoio ao emprendemento feminino. Poden consultarse as bases no exemplar Nº 171 do DOG, con data do 4 de setembro. | | Ver PDF | | | 2-Amplíase o prazo xeral para pedir as axudas de promoción do emprego autónomo | A Consellería de Traballo reabriu ata o vindeiro luns 15 de setembro o prazo xeral para o envío das solicitudes das subvencións dirixidas aos traballadores autónomos ou por conta propia. | | Ver PDF | | | 3-Incentivos ás empresas de inserción laboral | O DOG do 28 xullo recolle as bases dos incentivos que lles vai conceder a Consellería de Traballo ás empresas de inserción laboral (E.I.L.). Considéranse actuacións subvencionables a contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social, dos xerentes ou técnicos necesarios para garantir a viabilidade destas empresas e mais de técnicos en accións de orientación e acompañamento á inserción, a realización de labores de mediación laboral, a formalización de préstamos con entidades financeiras e a creación e ampliación do cadro persoal da E.I.L. O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de outubro. | | Ver PDF | | | 4-A tempo de optar aos Premios Galicia á peme sustentable | A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible convocou no mes de abril os II Premios Galicia á pequena e mediana empresa sustentable, creados para recoñecer publicamente e recompensar a implementación do desenvolvemento sustentable na actividade produtiva da peme. O prazo para participar vén de ampliarse ata o 1 de outubro (DOG Nº 168). Concederanse tres galardóns, coa súa correspondente dotación económica. | | Ver PDF |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |