Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-07-18 13:05:03
Boletín de Novas do 18/07/2008

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
18 de Xullo de 2008
 
 
 

 

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-Máis investimento para o programa Peme Dixital   

     O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, anunciou que o seu departamento vai ampliar as iniciativas previstas para estender a sociedade da información en Galicia cun investimento adicional de 9 millóns de euros para os anos 2008 e 2009, achegados por tres liñas ao convenio do Plan Avanza. Unha destas partidas, duns 3 millóns de euros, irá destinada ao programa Peme Dixital, co que se busca incrementar o grao de adopción das TIC nas pequenas e medianas empresas.

Consultar nova 
 

2-En marcha o Plan Peme Galega 

     O Plan Peme Galega está a ser presentado por Industria nas cidades do país, tras a primeira xornada do xoves 17 en Vigo. As pemes que se adhiran poden acceder aos tres programas de formación e consultoría por parte de expertos: o Programa DEGA de Desenvolvemento da Empresa Galega, o Programa Directivos e o Programa Xestión PEME. 

Consultar web
 

3-Unha radiografía do emprendemento galego   

     Xa viu a luz o Informe Ejecutivo Galicia 2007, elaborado no marco do proxecto internacional Global Entrepreneurship Monitor pola Confederación de Empresarios de Galicia, BIC Galicia e o grupo de investigación Métodos e Xestión de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun amplo estudo da actividade emprendedora en Galicia que, por terceiro ano consecutivo, mantén un ritmo de crecemento, cun total de 134.685 novas iniciativas empresariais e 238.853 emprendedores detrás delas.

Consultar web
 

4-Dispoñibilidade de solo industrial nas Gándaras

     A Consellería de Vivenda e Solo abriu o rexistro de solicitantes de solo industrial no parque empresarial das Gándaras ata o 30 de outubro. Os interesados poden realizar unha solicitude simple, incluíndo os datos básicos da empresa, ou unha máis completa, con información sobre a actividade que se vai desenvolver, o investimento previsto ou as expectativas de creación de emprego, entre outras cuestións. Con esta segunda opción, o demandante poderá sumar ata catro puntos de cara á apertura do concurso de compravenda de parcelas.

Consultar nova
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.