Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-07-11 12:49:34
Boletín de Novas do 11/07/2008

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
11 de Xullo de 2008
 
 
 

 

 
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-O futuro das artes gráficas no punto de mira  

     O Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, que agrupa máis de cincuenta empresas do sector das artes gráficas, presentou en Santiago de Compostela as novas medidas que vai adoptar a curto prazo co fin de mellorar a competitividade nun mercado globalizado. Destacan o desenvolvemento de varios proxectos de I+D+i, ao abeiro da súa Plataforma Tecnolóxica, e a creación duns premios de deseño galego.

Consultar nova  
 

2-Ordenadores para autónomos 

     A Consellería de Innovación e Industria publicou no DOG do 4 de xullo a convocatoria aberta ás empresas interesadas en participar como entidades colaboradoras no proceso de adquisición de ordenadores por parte dos traballadores autónomos. Nunha segunda fase, Industria asinará un convenio con estas empresas e abrirá o prazo para que os autónomos poidan facer as súas solicitudes a través delas. A axuda máxima será de 350 euros por traballador. 

Consultar nova
 

3-“Comerciando na Rede”, unha idea para retallistas   

     No marco das xornadas “Comerciando na Rede”, que se celebraron ao longo desta semana nas catro provincias, a Xunta de Galicia deu a coñecer a súa estratexia de modernización do comercio retallista galego, consistente na posta en marcha dunha plataforma de venda en liña. Nela, os comerciantes poderán introducir información sobre a súa tenda, os seus produtos e as súas campañas de promoción. Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Comercio, da Consellería de Innovación e Industria.  

Consultar nova
 
4-Secundar as pemes familiares lucenses no seu relevo  

     A Deputación Provincial de Lugo e a Fundación Crea asinaron un convenio para pór en práctica un plan de relevo xeracional nas pequenas e medianas empresas familiares lucenses. O programa habilitado durará dous meses e medio e nel participarán dez pemes, seleccionadas en función das súas posibilidades de sucesión, que contarán co asesoramento de expertos sobre os problemas derivados do proceso de transmisión. 

Consultar nova 
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.