Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-07-09 12:51:09
Boletín de Novas do 4/07/2008

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
04 de Xullo de 2008
 
 
 

 

 
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-Dinamizando o rural galego

     A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural vén de convocar no DOG do 2 de xullo as subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia. Establécense cinco tipos de axuda: para a diversificación cara a actividades non agrarias, a creación e o desenvolvemento de microempresas, o fomento de actividades turísticas, a prestación de servizos básicos para a economía e a poboación rural e maila conservación e a mellora do patrimonio rural. Os interesados poden presentar as solicitudes ata o 29 de agosto. 

Ver PDF  
 

2-Apoio ás pemes lucenses para operar na China 

     Logo da súa visita oficial á China, a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, anunciou que as pemes lucenses que desexen instalarse neste país poderán optar gratuitamente a un estudo de viabilidade. Este estudo vai ser realizado por Eurochina Investment, o primeiro polígono industrial en territorio chinés de capital totalmente español, que está previsto que comece a funcionar en setembro preto de Shangai.  

Consultar nova
 

3-Marca Galega de Excelencia en Igualdade 

     A creación deste distintivo responde á intención da Consellería de Traballo de incentivar ás empresas galegas que eliminen a discriminación de xénero, en cumprimento da Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia. Para poder alcanzar este selo de calidade, as firmas deberán presentar un balance sobre os parámetros de igualdade existentes na súa organización. A posesión da Marca Galega de Excelencia en Igualdade suporálles un valor preferencial nos procesos de adxudicación dos contratos da comunidade.

Consultar nova
 
4-Un paso máis cara á internacionalización

     O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, informou dos plans do goberno de creación dun comité de internacionalización das empresas galegas, no que van contar con representación as cámaras de comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia e o Igape. Con esta medida preténdese fomentar a actividade exportadora entre as nosas empresas e favorecer a súa competitividade no ámbito internacional.

Consultar nova 
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.