Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
 
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
 

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2012-03-30 13:32:04
Boletín de Novas do 30/03/2012



Fundación CEL  - Iniciativas por Lugo



BOLETÍN DE NOVAS
PARA
EMPRENDEDORES

Venres 30/03/2012

Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

VER BOLETÍN EN ESPAÑOL

1.- AXUDAS A INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO

     A Consellería de Traballo e Benestar convoca un programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego promovidas por persoas desempregadas. Poderán ser beneficiarias deste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, excepto as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as seguintes condicións: Que sexan empresas de nova creación,  viables técnica, económica e financieramente, que xeren emprego estable para persoas desempregadas, que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun municipio de Galicia , que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica  . Ademais a empresa deberá de ter un capital social máximo de 120.202 euros e o 50% do seu capital social ha de ser titularidade dos promotores e das promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa. O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finaliza o 30 de setembro de 2012, aínda que hai prazos específicos para cada unha das liñas de axuda.

Ver DOGA

2.-  PREMIO EMPRENDEDOR XXI

     O premio Emprendedor XXI chega á súa sexta edición co obxectivo de identificar, recoñecer e premiar ás empresas innovadoras de recente creación con maior potencial de crecemento en cada comunidade autónoma. O Premio, impulsado por "La Caixa" e co-outorgado con ENISA, é a convocatoria para emprendedores con maior dotación económica, con premios para 42 empresas e un premio principal de 100.000 €. A iniciativa recoñece a empresas innovadoras das 17 comunidades autónomas e conta coa colaboración de máis de 40 entidades públicas e privadas vinculadas á creación de empresas. A nova edición presenta dúas categorías: emprendesXXI, para emprendedores en fases iniciais, e crecesXXI, para empresas consolidadas con potencial de crecemento. A convocatoria está aberta ata o 9 de maio na categoría de emprendes XXI e ata o o 30 de maio na de creces XXI.

Máis información

3.- PAIT: UNHA GRAN AXUDA AO EMPRENDEDOR

     Os PAITs  (Puntos de Asesoramento e Inicio de Tramitación de empresas) son oficinas dependentes das Administracións Públicas e entidades públicas e privadas, que permiten constituir unha empresa nun prazo realmente rápido e sen custos para o emprendedor. Nos PAITs podemos atopar un amplo servizo presencial de información e asesoramento aos emprendedores na definición e tramitación telemática das súas iniciativas empresariais. Un PAIT é o instrumento perfecto para axilizar a constitución e posta en marcha dunha empresa mediante o denominado Documento Único Electrónico (DUE), a través do cal no  prazo de 48 horas conséguese que unha empresa (S.L., SLNE ou autónomos)  estea completamente operativa. A Fundación CEL mantén aberto dende 2006 este servizo a disposición de todos os emprendedores que o demanden.

Máis información

4.- GUÍA PARA PROVEDORES: COMO COBRAR AS DÉBEDAS DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

     O Goberno mobiliza 35.000 millóns para acabar coa morosidade pública. Miles de empresarios teñen depositadas todas as súas esperanzas no plan para capear a recesión. Con todo, lanzar unha medida deste calibre xera grandes dificultades nas contas das administracións públicas e moitas dúbidas aos acredores. No presente artigo solvéntanse algunha desas dúbidas e analízase como se desenvolverá todo o proceso e en que condicións poderá facerse efectivo o cobro das débedas.

Ler máis  

Síguenos en:


Facebook Twitter LINKEDIN Youtube Flickr


Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

© 2014 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.