Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2010-07-16 12:30:22
Boletín de Novas do 16/07/2010

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
16 de Xullo de 2010
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

 VER BOLETÍN EN ESPAÑOL 

 
1-Formación en prácticas de alumnos de ADE    

     A sinatura dun convenio de colaboración entre a USC e a Fundación CEL  posibilita que a nosa entidade e as empresas vinculadas a ela acollan en prácticas alumnos da carreira de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo. O presidente da Fundación, Luis García Santalla, valorou este tipo de programas de formación cos que non só os alumnos saen beneficiados accedendo a unha experiencia laboral, senón tamén as empresas, que entran en contacto con novas xeracións de profesionais.                         

Consultar a noticia
 
2-Axudas para investimentos innovadores                      

     No DOG do 12 de xullo recóllese a convocatoria das subvencións para investimentos innovadores, que permanecerá aberta ata o 12 de agosto. Con esta liña, a Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de I+D+i, busca mellorar a competitividade das pequenas, medianas e grandes empresas galegas mediante o incremento da súa capacidade tecnolóxica e innovadora. Subvencionaranse por iso investimentos dirixidos á creación dun novo centro produtivo ou á ampliación dun establecemento da empresa solicitante, co fin de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos; a diversificación da produción para atender mercados de produtos novos e adicionais; e unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción.                                                                                

Ver as bases
 
3-Subvencións para publicar en galego                 

     Segundo a resolución difundida pola Secretaría Xeral de Medios no DOG número 132, correspondente ao día 13 deste mes, concederanse axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas xornalísticas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.                                 

Consultar a resolución
 
4-Volvemos en setembro                         

     Con motivo da chegada do verán, o envío semanal deste e-boletín de novas de interese para emprendedores suspéndese ata o mes de setembro. Boas vacacións!                                                 

 
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.