| | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 02 de Xullo de 2010 | | | | | | Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE? | | |
| |
VER BOLETÍN EN ESPAÑOL | | | | 1-Presentada a nova liña re-Solve+ | Substitúe ao re-Solve anterior e mellora as súas condicións ao cubrir operacións de ata 500.000 euros. Inclúe ás pemes como beneficiarios das operacións de financiamento, avaladas ao cento por cento. Esta liña entrará en vigor unha vez que se asine o correspondente convenio coas Sociedades de Garantía Recíproca e se publiquen as bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia. Así o anunciou esta semana o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. | | Consultar a noticia | | | | 2-Máster para emprendedores en España | Noutros países xa se está a ofertar a formación especializada de emprendedores cun máster oficial e agora a Universidad Rey Juan Carlos de Madrid (URJC) impartiráo por primeira vez en España, dende o vindeiro curso, cun plan de estudos que lle dará cabida á teoría da decisión, á administración de empresas, aos procesos de mercado e a eficiencia dinámica das institucións, á dirección de operacións ou ao impacto das TIC na actividade emprendedora, entre outras materias necesarias para coller seguridade no momento de desenvolver iniciativas empresariais propias. O máster é presencial, con apoio on-line, e a duración dun curso académico. | | Ler a noticia / Información do máster | | | | 3-Convocatoria do Medio Rural | As subvencións destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo foron convocadas pola Consellería do Medio Rural o 22 de xuño a través do DOG. Concederanse axudas para a construción, adquisición ou mellora de bens inmobles e instalacións e para gastos xerais como honorarios de arquitectos, enxeñeiros, estudos de viabilidade ou a adquisición de dereitos de patentes. | | Ver as bases | | | | 4-Premio para start-ups tecnolóxicas | Ifema e Fundetec abriron ata o 26 de xullo o prazo de presentación de candidaturas ao V Premio Vivero de SIMO Network, unha oportunidade para novas empresas de base tecnolóxica que operen nos sectores de infraestruturas e sistemas, ferramentas e solucións para a empresa e telecomunicacións e internet. As empresas premiadas participarán gratuítamente con estand na feira SIMO Network 2010 e todas as seleccionadas optarán a un premio especial en metálico de 12.000 euros ao proxecto mellor valorado, que entrega Fundetec. | | Consultar a noticia |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |