Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2010-06-25 13:50:26
Boletín de Novas do 25/06/2010

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
25 de Xuño de 2010
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

 VER BOLETÍN EN ESPAÑOL 

 
1-Convocatoria do Plan Re-Comercia                     

     O DOG do 23 de xuño recolle a convocatoria de subvencións da Consellería de Economía e Industria en desenvolvemento do plan Re-comercia. As axudas irán destinadas, por unha banda, á mellora dos establecementos comerciais retallistas e da súa imaxe (reforma e adecuación de locais, contratación de servizos de escaparatismo, adquisición de mobiliario e equipamento comercial, etc.) e, pola outra, ao fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas de pequeno comercio, así como de establecementos de roupa, calzado e xoias, en locais desocupados de conxuntos históricos oficialmente declarados bens de interese cultural.                            

Consultar as bases
 
2-Para empresas de economía social e cooperativas    

     A Consellería de Traballo e Benestar difundiu a través do DOG do 24 de xuño as bases reguladoras dos seus programas de fomento do emprego de persoas desempregadas en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo. O apoio ao cooperativismo concrétase, á súa vez, en cinco subprogramas: de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, de mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais, de impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, de fomento do acceso á condición de socio traballador e, finalmente, para actividades de promoción do cooperativismo, como son a organización de cursos, xornadas e congresos, a presenza en feiras, a elaboración e publicación de estudos e traballos de investigación, etcétera.                                                                                 

Ver a axuda
 
3-Axudas do Medio Rural       

     Haberá axudas da Consellería do Medio Rural para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e a incorporación das persoas novas á actividade agraria. Estas axudas facilitaranse aos titulares dos préstamos que acorden coas entidades financeiras unha carencia de ata dous anos de duración na amortización dos devanditos empréstitos. De prazo establécense dous meses.                          

Ler as bases
 
4-Campaña da Europa Social            

     Con este lema, Sabe o que a Europa Social pode facer por vostede?, a Comisión Europea, a Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Europa convocan aos galegos a asistir a esta campaña sobre as accións que emprendeu a Unión Europea en políticas sociais e de emprego e que ten programada a celebración de debates e coloquios sobre o fomento do espírito emprendedor, a integración laboral de persoas con discapacidade, as mulleres do rural e os proxectos financiados co Fondo Social Europeo, así como un obradoiro sobre creatividade e innovación e, para o lecer, música e maxia. Desenvolverase os días 30 de xuño e 1 de xullo no paseo central da Alameda, en Santiago de Compostela.                                         

Ver o díptico
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.