| | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 11 de Xuño de 2010 | | | | | | Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE? | | |
| |
VER BOLETÍN EN ESPAÑOL | | | | 1-Á luz o anuario Lugo en cifras 2009 | Esta semana, o director comercial de Caixanova en Galicia, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Fundación CEL, Luis García Santalla, presentaron publicamente a quinta edición do anuario estadístico Lugo en cifras, que elaboran ambas as dúas entidades, co apoio da Consellería de Traballo e Benestar. Na edición impresa, pechada a 16 de marzo do 2010, podedes encontrar información de carácter socioeconómico da provincia: sobre a creación de empresas, a agricultura ecolóxica, os expedientes de regulación de emprego, o comercio exterior, a gandería, a poboación e un longo etcétera. Estas cifras están actualizadas na súa versión dixital, a web www.lugoencifras.es, onde podedes descargar o libro en formato PDF. | | Web Lugo en cifras | | | | 2-Semana do Emprendemento en Lugo | A Rede Mercurio organiza este ano en Lugo a Semana do Emprendemento, que dará comezo este luns 14 cun almorzo de emprendedores e que inclúe ademais no programa, que se desenvolverá ata o venres 18, a celebración do Día do Emprendemento propiamente dito, cos tradicionais relatorios de emprendedores e empresarios de éxito ao longo do día 16, un par de charlas sobre aspectos xurídicos na creación empresas de base tecnolóxica e sobre o papel de Europa na creación de emprego e unha sesión de cine-fórum en torno ao filme El diablo se viste de Prada. | | Programa da semana do Emprendemento | | | | 3-O prazo do concurso de ideas da USC | O 30 de xuño remata o prazo de participación neste tradicional concurso co que a Universidade de Santiago quere premiar aos emprendedores que presenten ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais. A inscrición farase telematicamente, cubrindo o formulario que aparece na web www.uniemprende.es, onde tamén se poden consultar as bases. Outorgaranse cinco premios de 600 euros. | | Web do concurso | | | | 4-Subvencións ás empresas de inserción laboral | A Consellería de Traballo e Benestar abre a convocatoria do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL): para a contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social, a contratación de xerentes necesarios para garantir a viabilidade da empresa de inserción, a contratación de técnicos en accións de orientación e acompañamento á inserción, para a realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario, para a formalización de préstamos con entidades financeiras e para a creación e ampliación do cadro de persoal das EIL. | | Ficha da axuda |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |