Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2010-06-10 11:15:02
Boletín Especial de Novas do 9/06/10

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín Especial de Novas
para Emprendedores
10 de Xuño de 2009
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

 VER BOLETÍN EN ESPAÑOL 

 

Taller sobre negociación bancaria e financiamento

 

O vindeiro venres 18 de xuño teredes a oportunidade de participar na Fundación CEL nun taller práctico sobre negociación bancaria e financiamento para pemes que organiza BIC Galicia dentro do seu completo programa de obradoiros para o crecemento e a consolidación empresarial.

Este taller leva por título “A estrutura financeira óptima. Identificar necesidades e busca adecuada de fontes de financiamento” e será o socio director da consultoría financeira Arxon Estrategia, Rafael Martínez-Carrasco Samartín, quen vos dea as claves sobre o custo do capital e o rendemento do investimento, o concepto tempo aplicado ao financiamento e a estrutura de capital óptima. Realizaredes casos prácticos e tamén haberá debate.

Asistir a esta actividade formativa, que é gratuíta e de catro horas de duración (das 16:30 ás 20:30 horas), axudaravos a definir a estrutura financeira adecuada para asegurar a viabilidade e o equilibrio financeiro da vosa empresa e para manter a correlación de investimento e financiamento nos aspectos de custo e prazo.  

Para inscribirvos basta con cubrir e enviar on-line o formulario ao que podedes acceder no enlace que engadimos na parte inferior deste boletín. Tamén podedes tramitar a vosa inscrición poñéndovos en contacto con Óscar Díaz Cabado, ben por correo electrónico (oscar.diaz@fundacioncel.org), ben por teléfono (982 284150). O prazo de matrícula remata o día 17.                      

Díptico // Inscrición
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.