| | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 14 de Maio de 2010 | | | | | | Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE? | | |
| |
VER BOLETÍN EN ESPAÑOL | | | | 1-Deseño de plans de empresa na Fundación CEL | Con este obxectivo, a Fundación CEL e IGAPE-BIC Galicia organizan en Lugo para o mes de xuño unha nova edición do Seminario de Planificación Empresarial, de carácter gratuíto e dirixido aos emprendedores. Para participar nel basta con ter en mente un proxecto empresarial propio ao que, co apoio dun experto, se lle dará forma de plan de negocio. O programa estrutúrase en sete sesións de formación, de enfoque práctico, e en dúas titorías persoalizadas por proxecto. O prazo de inscrición manterase aberto ata o próximo venres 21 deste mes e o seminario dará comezo o día 31 tamén de maio, na sede da nosa Fundación, cunha entrevista cos alumnos. | | Programa / Ficha de inscrición | | | | 2-Subvencións ás Iniciativas Locais de Emprego | Traballo abriu a súa convocatoria hoxe mesmo no DOG. Os proxectos empresariais previamente cualificados como Iniciativas Locais de Emprego (ILES) e inscritos como tales no rexistro administrativo correspondente poderán beneficiarse destas subvencións coas que se financian parcialmente os custos necesarios para a posta en marcha da empresa. De feito, diríxense á creación directa de emprego estable, á contratación de expertos técnicos de alta cualificación e ao apoio á función xerencial, así como ao inicio da actividade. Ademais, se o traballo principal das ILES se adscribe a algún dos denominados novos viveiros de emprego, como as novas tecnoloxías, o turismo rural e cultural, o audiovisual ou a xestión de residuos, por exemplo, terán acceso a un incremento do 10% na contía das axudas. | | Ler as bases | | | | 3-Publicada a convocatoria do Plan Avanza | No BOE do xoves 6 de maio recóllese esta convocatoria do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a concesión de axudas do Plan Avanza, que no eido das empresas se cingue ás liñas Avanza Formación, dirixida a mellorar a formación en xeral en novas tecnoloxías de empregados de pemes e autónomos, e Avanza Competitividade (I+D+I), para a realización de proxectos e actuacións de investigación, desenvolvemento e innovación. Os prazos de presentación das solicitudes rematan a segunda semana de xuño. | | Ver a convocatoria | | | | 4-Incentivos á contratación | A Consellería de Traballo e Benestar outorga incentivos para favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral das persoas con maiores dificultades para reincorporarse ao mercado de traballo. Son tres os tipos de apoio establecidos, dacordo coas bases reguladoras que saíron no DOG do 7 de maio: á contratación indefinida inicial, á transformación de contratos temporais en indefinidos e á contratación temporal. Poderán solicitarse ata o 30 de xuño. | | Consultar a axuda |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |