Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio arrow Sala de prensa arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2010-05-07 13:11:30
Boletín de Novas do 7/5/2010

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
07 de Maio de 2010
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

 VER BOLETÍN EN ESPAÑOL 

 
1-Axudas ás IEBT         

     A nova convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar para as empresas cualificadas como Iniciativas Empresariais de Base Tecnolóxica (IEBT) contempla cinco modalidades de axuda, cuxas bases reguladoras están explicadas no DOG do 4 de maio. Subvenciónanse a creación directa de emprego estable, a contratación de persoal técnico de alta cualificación e o apoio á función xerencial ao promotor na instalación da empresa mediante tutorías, formación ou ben a través da realización externa de estudos e informes da actividade. Tamén haberá axudas financeiras e para o inicio e posta en marcha da actividade. O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 30 de xuño.                                                 

Consultar as bases
 
2-Mellora da infraestrutura hoteleira                     

     Ata o 31 de maio. Ese é o prazo marcado pola Consellería de Cultura e Turismo para que as entidades privadas soliciten as súas axudas á mellora da infraestrutura de hoteis en Galicia. As catro liñas de apoio establecidas destinaranse a proxectos que permitan a conversión de categoría dos hoteis, que supoñan a modernización das instalacións (especialmente no relativo á accesibilidade ou á oferta complementaria de servizos, como instalacións deportivas, de lecer, spa…), que conduzan á obtención da certificación de calidade Q do ICTE e de xestión ambiental e, por último, que dean lugar a unha redución de prazas, por exemplo mediante a reconversión de cuartos en suites.                                                                                           

Consultar as bases
 
3-Convocatoria para os artesáns                     

     A Consellería de Economía e Industria vai apoiar o sector da artesanía coa concesión de subvencións ás asociacións profesionais e empresariais de artesáns. Segundo as bases reguladoras, considéranse actuacións subvencionables os investimentos en equipamentos, mellora da loxística e das comunicacións, a divulgación e promoción de produtos artesanais, a participación como expositor con caseta propia en feiras de carácter profesional e a incorporación do deseño ás novas liñas de produto, así como outras actuacións específicas deste colectivo, como de información e orientación comercial, xornadas técnicas, mesas redondas, etc.                                                                        

Ler a axuda
 
4-Terceira edición de Saeómercado              

     Este programa para pemes con menos de 36 meses de actividade, que organiza a Consellería de Economía e Industria a través de BIC Galicia e en colaboración coa Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe), ten tres fases: realización de talleres prácticos de aprendizaxe nas principais áreas de xestión empresarial, incorporación á Rede Mentoring para recibir asesoramento externo cualificado por parte dos mentores que a conforman e participación nun encontro comercial centrado na posta en práctica do aprendido e orientado á presentación das empresas participantes e mais á venda. Desenvolverase nos meses de maio e xuño e só hai quince prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Para inscrivirvos ou solicitar máis información podedes dirixirvos a AJE Lugo, por teléfono (982 224 699), fax (982 224 685) ou correo electrónico (info@ajelugo.com).                                                                                             

Tríptico / Ficha de inscrición
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.