| | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 30 de Abril de 2010 | | | | | | Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE? | | |
| |
VER BOLETÍN EN ESPAÑOL | | | | 1-Promoción do emprego autónomo | A Consellería de Traballo e Benestar fixo público no DOG do 28 de abril o seu programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Contémplanse seis modalidades de subvencións: polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia, financeira, para asistencia técnica, para formación, pola primeira contratación indefinida e mais unha axuda excepcional. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de xuño. | | Consultar a axuda | | | | 2-Convocatorias TIC | A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica abriu o prazo de presentación das solicitudes a dúas axudas: para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información e para proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital. | | Axuda 1 / Axuda 2 | | | | 3-Reorientación e competitividade das pemes | O Igape vén de aprobar as bases reguladoras das súas axudas á reorientación e competitividade das pequenas e medianas empresas galegas, que estarán destinadas a estudos e análises para a toma de medidas específicas, proxectos titorizados de innovación e competitividade, proxectos de investimento tecnolóxico e proxectos de mellora dos equipamentos das pemes do sector servizos. | | Bases reguladoras | | | | 4-Conciliación laboral e familiar | Xa están convocadas no DOG número 81 as axudas económicas da Secretaría Xeral de Igualdade á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo. Poderán solicitarse ata o 31 de agosto. | | Consultar a axuda |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |