| | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 16 de Abril de 2010 | | | | | | Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE? | | |
| |
VER BOLETÍN EN ESPAÑOL | | | | 1-Liñas de apoio á internacionalización | O Igape segue confiando na proxección exterior como unha oportunidade para as empresas galegas e por iso convocou as súas axudas á internacionalización para o 2010. En total son dez liñas de apoio, cuxas bases reguladoras recolle o DOG do 12 de abril e coas que se financiarán gastos relacionados coa organización de seminarios de internacionalización, a planificación exterior, a participación en eventos expositivos internacionais e promocionais celebrados dentro e fóra de Galicia, as misións comerciais directas, inversas e tecnolóxicas, a mercadotecnia e a comunicación, a prospección internacional e a primeira implantación comercial conxunta no exterior. | | Consultar as axudas | | | | 2-Máis axudas de Agadic | A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) publica este mes no DOG as bases reguladoras das súas axudas ao sector audiovisual para a amortización de custos de produción de longametraxes, telefilmes e documentais de interese cultural galego, cuxo prazo de solicitude rematará o 15 de setembro, e para o desenvolvemento e a produción de contidos interactivos en lingua galega, que poderán pedirse ata o 8 de maio. | | Axuda 1 / Axuda 2 | | | | 3-“Espreme a túa idea… pode ter premio!” | Con este eslogan, a Universidade de Santiago de Compostela invita a todos os membros da comunidade universitaria galega, estudantes e emprendedores, a participar na nova edición do seu concurso de ideas empresariais innovadoras, dotado con cinco premios de 600 euros por idea. A convocatoria manterase aberta ata o 30 de xuño. | | Web do certame | | | | 4-Entrevista ó presidente da AGEF | Emilio Pérez Nieto, presidente do grupo de automoción Pérez Rumbao e membro da directiva da Confederación de Empresarios de Ourense, asumiu en abril a presidencia da asociación galega da empresa familiar. Nunha entrevista concedida ao xornal El Progreso reitera a súa intención de traballar pola supresión do imposto de sucesións, a desgravación por investimentos ou a creación dun marco laboral diferente, entre outros retos. | | Ler a entrevista |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |