| | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 07 de Novembro de 2008 | | | | | | Queres darte de alta no boletín de novas tecnoloxías empresariais do SITE? | | |
| |
1-Novas liñas de financiamento para pemes | A Consellería de Economía asinou un convenio con vinte entidades financeiras e coas sociedades de garantía recíproca galegas para pór en marcha tres novas liñas de financiamento para pemes que permitirán mobilizar ata 500 millóns de euros en préstamos preferenciais. Están destinadas ao apoio ao circulante, ao refinanciamento de pasivos e á ampliación de capital social. A aprobación das bases reguladoras vén recollida no DOG do 5 de novembro. | | Ver PDF 1 // Ver PDF 2 | | | 2-O Inludes convoca axudas ás empresas lucenses | O Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social publicou no BOP de Lugo nº 256, con data do 6 de novembro, a convocatoria das subvencións para o acceso á sociedade da información, para a consolidación e mellora do tecido empresarial e para gastos de actividade das empresas lucenses, enmarcadas no Programa de Apoio ao Tecido Empresarial deste organismo. As solicitudes poderán presentarse do 7 ao 21 de novembro. | | Ver PDF | | | 3-Moratoria do pago da hipoteca a autónomos inactivos | O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, anunciou este luns a concesión dunha moratoria de ata dous anos para o pagamento do 50% das cotas hipotecarias no caso dos desempregados e dos autónomos con cargas familiares inactivos ou que confirmen o peche do seu negocio. O límite destas hipotecas é de 170.000 euros para os créditos subscritos antes do 1 de setembro de 2008. | | Consultar nova | | | 4-O Ministerio de Traballo prevé pasar de 2.000 a 3.000 inspectores en catro anos | O subsecretario do Ministerio de Traballo e Inmigración, Leandro González Gallardo, adiantou en Burgos, a onde acudiu ao VII Plenario da Comisión de Traballo para a Inspección de Traballo e Seguridade Social, que o Ministerio prevé aumentar nun milleiro o número de inspectores no prazo de catro anos, pasando xa que logo de 2.000 a 3.000. Especificou en concreto que para o 2009 a convocatoria prevista roldará as 250 prazas de inspectores e subinspectores. | | Consultar nova |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |