Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Emprendedores arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-10-24 17:02:55
Boletín de Novas do 24/10/08

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
24 de Outubro de 2008
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnoloxías empresariais do SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-A Fundación CEL convoca os seus XI Premios Anuais

     A Fundación CEL abriu a convocatoria da undécima edición dos seus Premios Anuais. Existe novamente a posibilidade de optar a tres categorías: Premios á Iniciativa Empresarial (subdividida á súa vez en tres modalidades: Premio a Proxectos de Creación de Empresa, Premio a Proxectos Universitarios de Creación de Empresa e Premio á Investigación e Innovación aplicada á Empresa), Premios á Actividade Empresarial (con dúas modalidades: Premio á Calidade, Seguridade Industrial e Protección Medioambiental e Premio ao Compromiso Social e á Creación de Emprego) e Premio á Promoción Exterior da Provincia de Lugo. O prazo de presentación das candidaturas permanecerá aberto ata o 31 de xaneiro de 2009.

Consultar web 
 

2-A Deputación de Lugo coas pemes

     A Deputación Provincial de Lugo vai destinar 625.000 euros a unha liña de axudas ás pequenas e medianas empresas, enmarcada no Programa de Apoio ao Tecido Empresarial do Instituto Lucense de Desenvolvemento (Inludes). Esta liña contempla tres tipos de subvencións: ao acceso á sociedade da información e da comunicación, para a consolidación e a mellora do tecido empresarial e para gastos de actividade. Está previsto que as devanditas axudas estean dispoñibles a partir de novembro.

Consultar nova
 

3-Curso avanzado para a definición do negocio

     A Confederación de Empresarios de Galicia, en colaboración coa Consellería de Traballo, pon en marcha por segundo ano consecutivo este curso a través da súa Aula Virtual do Autoemprego, coa intención de que os emprendedores adquiran destreza na identificación e avaliación de proxectos e saiban valorar a viabilidade de cada iniciativa empresarial. O curso, de carácter gratuíto, comeza este luns 27 e dura 60 horas.

Ver PDF
 

4-Claves da xestión empresarial no sector das TIC

     Este xoves 30 de outubro Agestic presenta a acción formativa gratuíta Xestión empresarial avanzada no sector das tecnoloxías da información e a comunicación, dirixida a pemes que traballan coas TIC. Desenvolverase ao longo de cinco xornadas presenciais na Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE) da Fundación CEL, en horario de 16:00 a 21:00 horas.

Ver PDF // Ficha de inscrición
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.