Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Emprendedores arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-10-10 14:19:40
Boletín de Novas do 10/10/08

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
10 de Outubro de 2008
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnoloxías empresariais do SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-Os autónomos xa poden solicitar as subvencións para a compra de equipamento informático

     O DOG Nº 195, do 8 de outubro, recolle a resolución da Consellería de Innovación e Industria pola que se abre ata o 10 de novembro de 2008 o prazo de presentación das solicitudes ás axudas que se lles conceden aos traballadores autónomos para a compra de ordenadores persoais a través dalgunha das 32 entidades colaboradoras coa devandita Consellería. Entre estas entidades figura a empresa IGN Solutions, con sede no viveiro da Fundación CEL. A subvención pode cubrir ata o 45% do importe do equipo informático, cun máximo de 350 euros.

Ver PDF 
 

2-A USC organiza o I Emporium Woman Emprende

      A Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten como un dos seus obxectivos incrementar o número de vocacións empresariais entre as estudantes. Por este motivo, os días 23 e 24 de outubro vai celebrar no Salón Noble de Fonseca o I Emporium Woman Emprende, un encontro a prol do emprendemento universitario feminino que servirá para crear a Red Woman Emprende e mais para formar o Fondo Woman Emprende de Capital Riesgo.  

Ver PDF
 

3-Difusión do selo Calidade do Comercio Galego en
Lugo

     A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE) vai acoller o vindeiro martes 14 de outubro, das 19:00 ás 21:00 horas, unha xornada de difusión do selo Calidade do Comercio Galego, implantado recentemente pola Dirección Xeral de Comercio como elemento diferenciador dos comercios retallistas. Está dirixida en especial aos comerciantes dedicados á venta e á instalación de equipos informáticos, de medios audiovisuais e de material de oficina, aos que se informará sobre os requisitos, os trámites e as vantaxes da adscrición a este distintivo.

Ver PDF
 

4-Acudir como empresa á I Feira Europea do Emprego 

     A Universidade da Coruña está a preparar a I Feira Europea de Emprego, unha sorte de foro no que empresas, institucións, emprendedores e estudantes abordarán dende diferentes enfoques un único tema: o mercado laboral no espazo europeo de libre circulación de traballadores. As empresas que desexen participar disporán dun posto propio para presentar os seus programas de emprego e de prácticas e para captar currículos e mesmo realizar probas de selección de persoal, entre outras actividades. A cita será o 6 e o 7 de novembro no campus de Elviña.

Consultar web
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.