Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Emprendedores arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-10-03 13:59:45
Boletín de Novas do 3/10/08

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
03 de Outubro de 2008
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnoloxías empresariais do SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-Aboamento de cotas á Seguridade Social

     O DOG Nº 176, con data do 11 de setembro, recolle a orde pola que a Consellería de Traballo establece o procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social a traballadores que percibisen a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único e convoca as axudas correspondentes.

Consultar nova 
 

2-Traballadoras embarazadas na empresa

     A Consellería de Traballo vai subvencionar o custo empresarial da adaptación dos postos de traballo con risco para as embarazadas e para as  mulleres que deran a luz recentemente ou que estean no período de lactancia. Trátase dunha medida recollida polo decreto de regulación do Consello Galego de Participación das Mulleres no Laboral, organismo de constitución recente. O importe destas axudas poderá ser de ata o 50% do custo total, chegando ata o 75% no caso de que a empresa non supere un volume de negocio de 600.000 brutos anuais ou se concorren motivos especiais de fomento do emprego feminino.

Consultar nova
 

3-Acordo pola Competitividade de Galicia 2008-2010

     O Acordo pola Competitividade de Galicia 2008-2010 aúna diferentes medidas para o impulso e a modernización empresarial, cuxos orzamentos deu a coñecer a Consellería de Traballo. Destacan, entre outras actuacións, os programas de apoio aos emprendedores, para os que destina 35 millóns de euros; o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras e de emprego e de iniciativas locais de emprego, presupostado en 8 millóns de euros; e o impulso á inserción de titulados universitarios e con formación profesional especializada en novos postos de traballo creados nas pemes galegas, cunha asignación de 3 millóns de euros.

Consultar nova
 

4-Crear innovación empresarial 

     Feuga programou un obradoiro de creatividade para a innovación empresarial, titulado “Innovación desde o interior”, para os días 13, 14, 20 e 21 de outubro na súa sede de Santiago de Compostela. A formadora Kim A. Page, especializada en comunicación non verbal e interactiva, será a encargada de estimular unha actitude innovadora nos asistentes mediante a exploración dos elementos básicos do proceso creativo e a práctica de habilidades para integrar diferentes contidos con distintos formatos nun concepto. A matrícula neste taller é gratuíta, porén, existe un máximo de 20 prazas dispoñibles. A data límite de inscrición é o martes 7 deste mes.

Ver PDF
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.