O Programa Impulsa é un proxecto piloto deseñado e promovido por BIC Galicia para a consolidación das micropemes no mercado. Trátase dunha grande oportunidade para emprendedores e pequenas empresas pois ofréceselles, gratuitamente, unha formación completa e personalizada en Dirección estratéxica, Dirección comercial e mercadotecnia, Dirección operativa, Control de xestión e sistemas de información e mais Dirección de recursos humanos, aspectos fundamentais para a mellora competitiva dun negocio. O Programa desenvolverase en tres fases: de formación (46 horas de duración), de titorías (80 horas) e de coaching (70 horas). Está previsto que a fase de formación, de modalidade presencial, se celebre en Vigo e en Santiago de Compostela; non obstante, contemplarase a posibilidade de que tamén se imparta en Lugo no caso de que se conte cun grupo de, como mínimo, 5 empresas. Poden participar neste Programa as micropemes de entre 12 e 24 meses de actividade. Deberán poñerse en contacto coa Fundación CEL coa maior brevidade posible, xa que a data límite de inscrición é o 3 de outubro.
|