Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar

 
Inicio arrow Emprendedores arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2008-09-12 12:21:29
Boletín de Novas do 12/09/2008

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
12 de Setembro de 2008
 
 
 

 

 
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

1-A escolla do teletraballo 

     O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller vén de convocar subvencións destinadas á implantación do teletraballo en pequenas empresas galegas, como medida de apoio á conciliación da vida familiar e laboral. As bases reguladoras destas axudas, coas que se poderán adquirir os equipamentos informáticos, poden consultarse no exemplar do DOG correspondente ao 8 de setembro. A recepción de solicitudes manterase aberta ata o 8 de outubro.

Ver PDF 
 

2-Calendario laboral 2009

     O DOG Nº173, do 8 de setembro, recolle o decreto polo que se determina o calendario laboral para o 2009 en Galicia, no que se computa un total de 12 días festivos de carácter retribuído e non recuperable.

Ver PDF
 

3-III Congreso de Desenvolvemento Turístico CELTUR

     A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), co apoio da Dirección Xeral de Turismo, organiza novamente o Congreso de Desenvolvemento Turístico CELTUR, que este ano alcanza a súa terceira edición abordando as posibilidades e o futuro do turismo da capital provincial. A cita vai ter lugar na sede da Fundación Caixa Galicia os días 3 e 4 de outubro. A entrada é gratuíta, se ben existe límite de prazas.

     A inscrición pode tramitarse a través da web da CEL (www.celugo.es) ou enviarse por fax ó 982 246211, adxuntando o boletín que se inclúe no enlace desta nova. Os interesados poden obter máis información no portal http://celtur.ingaforum.com ou directamente na CEL (982 231150).

Ver PDF // Boletín de inscrición
 

4-Apertura do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

     O 5 de setembro inaugurouse en Santiago de Compostela o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), dependente da Consellería de Traballo. Foi creado para cubrir as necesidades detectadas nos sectores profesionais en canto á aplicación das TIC a través da oferta de programas de formación especializada e gratuíta dirixida aos traballadores e aos desempregados. Co fin de optimizar este servizo, asináronse protocolos de colaboración con dez empresas tecnolóxicas. Son máis de cincuenta os cursos en axenda ata xuño de 2009.

Consultar Web
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2009 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.