 | | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 27 de Xuño de 2008 | | | | | | | | |
| |
1-Un pulo económico ao emprendemento feminino | O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller publicou no DOG do 24 de xuño as bases reguladoras das subvencións en apoio do emprendemento feminino como fórmula de loita contra a discriminación no mercado de traballo. Enmarcadas no Programa EMEGA, contémplanse dúas liñas de axuda: para a posta en marcha de iniciativas empresariais e para a posta en marcha ou consolidación de iniciativas empresariais innovadoras lideradas por mulleres. O prazo de presentación das solicitudes remata o 24 de xullo. | | Ver PDF | | | 2-Tipo de xuro do Igape para o que resta de 2008 | O DOG Nº 123, do 26 de xuño, recolle o tipo de xuro de referencia para o segundo semestre de 2008 para as operacións acollidas a diferentes convenios e programas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica. | | Ver PDF | | | 3-A Consellería de Traballo convocou as axudas ás iniciativas locais de emprego | A Consellería de Traballo difundiu no DOG do 27 de xuño as bases e a convocatoria do réxime de subvencións destinadas ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES) e mais do programa de iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E). O prazo xeral de presentación das solicitudes finaliza o 15 de setembro. | | Ver PDF | | | | 4-Premios para as mellores ideas empresariais | A revista Emprendedores abriu o prazo de participación nos que xa son os seus IV Premios Emprendedores. Establécense dúas modalidades: o Premio Iniciativa ao mellor proxecto de creación de empresa, dotado de 15.000 euros, e o Premio Emprendedores con Enxeño á mellor empresa de recente creación, cuxo gañador recibirá 3.000 euros. Os interesados deberán enviarlle á publicación convocante o cuestionario oficial debidamente cuberto e o seu plan de negocio antes do día 30 de setembro. | | Consultar nova |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |