Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
 
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
 

 
Inicio arrow Emprendedores arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2012-02-02 13:44:42
Boletín de Novas do 02/02/2012



Fundación CEL  - Iniciativas por Lugo



BOLETÍN DE NOVAS
PARA EMPRENDEDORES

Xoves 02 de Febreiro do 2012

Boletín de Novas para Emprendedores.

Síguenos en:

Facebook da Fundación CELTwitter da Fundación CEL
Próximamente en Flickr
Próximamente en Youtube
Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

VER BOLETÍN EN ESPAÑOL

1.- PROGRAMA DE IGAPE PARA INTERNACIONALIZACIÓN DE EMPRESAS DO SECTOR DA ENXEÑARÍA E A CONSTRUCIÓN


     O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) puxo  en marcha un proxecto piloto consistente nun servizo de asistencia comercial para introdución en novos mercados vía canle construción. A través deste novo servizo, o IGAPE pon a disposición  das empresas interesadas, un equipo de profesionais que -durante un período de 6 meses- asistirá á empresa como representante comercial ante terceiros en novos mercados. Este servizo ofrécese como primicia a un máximo de sete empresas galegas do sector da enxeñaría e construción que serán seleccionadas entre as solicitudes que se reciban en función da súa adecuación á canle construción, dando prioridade a empresas non exportadoras e as empresas de Lugo e Ourense,  en cumprimento dos plans da Xunta de Galicia de impulso destas dúas provincias.


     obxectivo final deste servizo é a obtención de pedidos e por tanto de vendas que facturará directamente a empresa galega .O custo fixo deste servizo é de 1.000 € /mes (Iva incluído), dos que o Igape achegará  500€/mes durante un período máximo de seis meses. Ademais haberá un custo variable por éxito,  consistente nunha porcentaxe sobre vendas cobradas a negociar entre a empresa galega e os prestadores do servizo.

Máis información

2.- II PROGRAMA COOPERATIVISMO E GASTRONOMÍA


     
A Cooperativa Ardora Formación e Servizos organiza mañá a segunda edición do Programa Cooperativismo e Gastronomía ,unha iniciativa  enmarcada no  programa de actividades de fomento do cooperativismo promovido pola Consellería de Traballo e Benestar que vincula o espírito do emprendimiento cooperativo coa formación profesional no campo da hostalaría. As actividades desenvólvense en dous bloques: unha xornada de fomento do cooperativismo que terá lugar o venres 3 de febreiro , e un taller composto por un bodegón-exposición de produtos cooperativos e unha degustación guiada dos mesmos.

Máis información

3.- CLOUD COMPUTING PARA PEMES


     
Por Cloud computing  enténdese o conxunto de tecnoloxías que permiten, a través da rede, habilitar un conxunto de recursos TIC compartidos (servidores, almacenamento, aplicacións, etc) que presten servizo rapidamente, baixo demanda e cunha mínima intervención por parte do provedor. Sen licenzas de programas, sen software específicos, sen necesidade dun único servidor, o cloud computing configúrase  como unha nova forma de traballar especialmente útil para pemes e autónomos. A medio prazo estímase que  55.000 empresas españolas implantar. No presente artigo da revista emprendedores analízase como sacarlle todo o partido a esta ferramenta de futuro.

Ver artigo

 

4.- DOCE NICHOS DE NEGOCIO PARA 2012 


     Trendwatching.com é un excelente observatorio para outear e anticiparse ás novidades no mundo empresarial a nivel mundial. Nesta web publícase un interesante informe de tendencias de consumo, co propósito de sinalar doce nichos de negocio para 2012. Doce ideas ao redor das cales se moverá diñeiro, e nas que haberá oportunidades para emprendedores.

Máis información 

 

5.- FACEBOOK OFRECERÁ PUBLICIDADE GRATUÍTA  A PEMES EUROPEAS


     Facebook, a maior rede social  do mundo, anunciou que axudará a 50.000 pemes europeas regalándolle 130 dólares en publicidade a cada unha como parte do seu programa Ad Boost. Ademais a súa filial española iniciou un acordo de colaboración con CEPYME (Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa), a través da cal a Organización empresarial axudará ás Pemes a optimizar a plataforma social co obxectivo de potenciar o crecemento e aumentar as oportunidades de negocio. 

Máis información

 
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

© 2014 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.