| | | | | | | | | | Boletín Especial de Novas para Emprendedores 22 de Xuño de 2010 | | | | | | Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE? | | |
| |
VER BOLETÍN EN ESPAÑOL | | | Como poden unirse as pemes á Rede Xiga? | Explicaráo o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla Pueyo, nunha xornada informativa que terá lugar mañá mércores 23 ás 10:30 horas na sede da Confederación de Empresarios de Lugo, na praza de Santo Domingo. A Rede de Xestores da Innovación de Galicia (Rede Xiga) é unha iniciativa coa que a Xunta facilita a incorporación nas pequenas e medianas empresas de capital humano especializado na xestión de proxectos concretos de I+D+i empresarial. Capilla Pueyo informará aos asistentes das condicións de acceso para as pemes, así como para profesionais interesados. Recordarvos que a convocatoria para presentar solicitudes ao programa da Xiga está aberta ata o 12 de xullo. Ademais, poderedes escoitar as experiencias particulares en relación á aplicación de políticas de I+D+i de dúas firmas lucenses cunha traxectoria innovadora, Innolact e Agroamb, ambas as dúas xestadas no viveiro de empresas da Fundación CEL. O acceso a esta xornada é gratuíto, aínda que é necesaria unha preinscrición cumprimentando e enviando o boletín adxunto por fax (982 246 211) ou por correo electrónico (celugo@celugo.es). | | | | Boletín de inscrición | |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |