Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio arrow Emprendedores arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2010-06-18 13:33:26
Boletín de Novas do 18/06/2010

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
18 de Xuño de 2010
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

 VER BOLETÍN EN ESPAÑOL 

 
1-Fondo de capital risco para emprendedores                

     Denominado Xes-Innova Xove, estará dotado con dous millóns de euros e con el os novos empresarios innovadores poderán dispoñer de préstamos participativos públicos como apoio para o financiamento dos seus proxectos. Esta nova liña vaise impulsar mediante un convenio entre Xesgalicia, sociedade dependente da Consellería de Economía e Industria, e a Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe), que se ocupará de localizar proxectos susceptibles de ser apoiados. Así o anunciou esta semana o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, nos actos do Día do Emprendemento en Santiago de Compostela.                          

Ler a noticia
 
2-Axudas a titulares e cotitulares de explotacións agrarias    

     O DOG número 112 do 15 de xuño recolle as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares das explotacións agrarias, especialmente das mulleres. É unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar dirixida a impulsar a creación de emprego e a mellora laboral no agro galego. As persoas interesadas en solicitar estas axudas teñen de prazo ata o 16 de xullo.                                                                                   

Ver as bases
 
3-Adhesión á Rede de Comercio Rural Galego  

     A Consellería de Economía e Industria abriu a convocatoria de subvencións para que os pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural se adhiran ao selo da Rede de Comercio Rural Galego, dedicada ao mantemento deste tipo de establecementos. As axudas servirán para adecuar os locais novos ou reformar e ampliar os existentes, facer intervencións nas fachadas ou adquirir mobiliario e o equipamento necesario para desenvolver a actividade. Consistirán nunha disposición en diñeiro a fondo perdido do 70% do investimento en activo fixo, cun máximo de 60.000 euros, IVE excluído. As bases poden consultarse no DOG do 14 deste mes.                         

Consultar a axuda
 
4-Congreso Internacional de Prevención en Lugo     

     O campus de Lugo vai acoller no mes de outubro o Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais, que se celebrará concretamente os días 20, 21 e 22 na facultade de Ciencias e que organizan a Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais e a Universidade de Santiago de Compostela. A tramitación das inscricións lévaa a Escola Galega de Formación (E-scola), coa que se pode contactar por teléfono (982 251657) ou por correo electrónico (secretaria@congresodeprevencion.com).                                         

Web do congreso
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.